Sol de lnverno e unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a per-dida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo as circunstancias da fuxida a Francia; ao emblemático barco Ipanema; ao longo exilio cubano; a revolucion castrista; e mesmo i. viaxe ao Paris do maio do 68. Serd en Cuba onde atopamos o pouso da emigracion e dos descendentes dos cimarróns, da memoria infinita da tata Luzdivina e do cheiro das follas de tabaco do bisavó Andres, un escenario clave para entender a singradura dunha protagonista que turra por volver a Antes. Sol de Inverno construe un mundo simbólico e máxico polo que deambulan seres entranables para crear un relato de pulso vagoroso, que reborda nun potente río de historias. A memoria do exilio, as suas voces e as súas feridas, que Inverno debe lamber unha e outra vez, marcan o pulso desta novela que destaca pola rebeldia dos personaxes na defensa dos ideais e da xustiza.