Nunha pequena cidade de interior instálase a Compañía Melloramentos de Taitara. Quen está dentro, non sae; quen está fora, non entra. . Contado desde a perspectiva dun neno que vai crecendo ao mesmo ritmo que a abafante rutina tiránica da Compañía, cada capítulo vai acompañado dunha lámina do xenial Alcimar Frazão, conformando todas elas unha particular novela gráfica dentro da mesma obra. . Crítica aos réximes totalitarios ou distopía da industrialización excesiva e inxustificada, o realismo máxico presente durante todo o relato lembra o universo surrealista de Torrente Ballester, nunha preciosa e complexa fábula sobre a auténtica liberdade, considerada unha das máis grandes obras da literatura suramericana de todos os tempos.