Somnámbulos? reúne tres relatos de textura semellante, a das voces que falan e que escoitamos falar. Todos tratan do que trata a literatura, da memoria, é dicir do pasado. A escrita literaria adoita ser como guindar un balde ao pozo que un leva dentro. Non se acostuma contar mais o traballo de escribir ficción é ir cavando nun pozo dentro de un, conforme se descende a auga vai saíndo máis fría. O caso deste libro é outro, nace arredor dun texto, ?Negocios de familia?, que hai uns anos tirei fóra do pozo e que logo deitei de volta para o fondo pretendendo esquecelo. Durante anos chegábame algunha voz desde aquel burato máis as urxencias da vida diaria permitíronme non lles facer caso, até que as voces se foron facendo máis claras e fortes e tiven que procurar un oco nos meus días para voltar sentarme a escribir ao ditado desas voces. Ás veces ocorren cousas así.O segundo, ?Conversando coa auga?, é un texto que naceu dun encargo da ?Fundación Agbar?, que me propuxo escribir un texto sobre ?a auga desbordada?. O terceiro, ?Insomne? naceu de recibir os chicotazos da historia nas costas propias. O orixinal foi escrito como texto para magnetófono e como tal foi escoitado por primeira e única vez na ?Sala Galán? de Santiago