Sinopse
"Non sei o que falta: se é a casa,
a infancia tan lonxana, os devanceiros
ou aqueles ensoñares verdadeiros
que o tempo co seu paso pisa e arrasa.
Unha frecha mortal fire e traspasa
os nosos matinares ventureiros
deixando sombra, cinza, iintres baleiros,
unha ilusión que murcha e que fracasa.
Cecais casa e lembranza son o mismo:
a teima que me ten e na que cismo
sen poder acougar nesta porfía...
O cego aquel son eu que me descrismo
contra a rocha da propia teimosía
e que, ás roladas, vou cara o abismo