Sopa de xarope de amora é, segundo o ditame do xurado, "unha comedia áxil e divertida, protagonizada por personaxes estrambóticos que actualizan algúns dos tradicionais contos de fadas creando unha atmosfera que estimula a imaxinación". A "crítica social" supón"o trasfondo que está ao longo de toda a obra".A peza conta a historia do doutor Amorodo, un científico ao servizo das casas reais que recibe encargos estrafalarios e está namorado de dona Chismunda. "Son reinos diminutos, que lle darán ao doutor ultimatos para que consiga casar as súas fillas, ou senón decláranlle a guerra... O título vén da sopa que fai a súa ama de chaves, e el tenta descubrir cal é a receita..."