Svea Kött (Carne Sueca)

Autor
Domingo Miguel Tabuyo Romero
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788499142340
Idioma
Gallego
Nº de páginas
160
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
17,00€

Sindo Romero, comisario xefe da Sección de Investigacións Especiais (SIES), era coñecido e valorado pola súa eficacia na resolución dos casos de características excepcionais e por ter unha habilidade singular, unha intuición que lle permitía casar as pezas dos tramados máis complexos aos que ninguén lles atopaba nin pés nin cabeza. Romero, mergullado nas saudades da súa Arousa, onde acaba de enterrar un ser querido, deberá regresar decontado a Madrid para resolver o enigma que agocha o caso do asasinato da rúa Marqués de Valdeiglesias, no cruzamento de Gran Vía con Alcalá. Un escenario moi cinematográfico para o crime do «home do abrigo beixe», un tipo de mediana idade, indocumentado, que apareceu morto ao pé dunha libraría especializada en libros palestinos e de países da área de Oriente Medio. A aparición doutro cadáver, desta volta en Cambados, que levaba na carteira un recorte de periódico, fai medrar as incógnitas. Existirá algunha conexión Madrid-Arousa entre ambos os dous crimes?