Tarde de sapo é un álbum ilustrado divertidísimo cun ritmo narrativo crecente que conduce o lector ata o seu inesperado final.
Os seus protagonistas exprésanse dunha forma peculiar, utilizando xogos fónicos e onomatopeas, recursos que apoian a narración e contribúen a dotalos de personalidade.
Maite Mutuberria fai uso dunha linguaxe próxima ao cómic, con indicacións de movemento, expresións xestuais, bocadillos e abundantes recursos simbólicos que acentúan o carácter humorístico da proposta.