Tecermos redes, crearmos comunidade

Autor
Ánxela Lema París,
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788491216766
Idioma
Publicado
2020
Nº de páginas
304
Formato
Rústica
Colección
Rustica
24,00€

"Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de María Reimóndez" é un monográfico que contén un conxunto de estudos cuxa vontade é a de reflectir a riqueza literaria dunha das maiores escritoras con que conta hoxe en día o sistema literario galego. Neste sentido, considerouse interesante traballar no tempo da autora debido a que as súas temáticas tocan de preto e implícanse fortemente coa(s) nosa(s) realidade(s) e co xeito que temos de habitar o mundo, de nomealo e de relacionarnos con el. É por este motivo polo que achegamos unha parte didáctica orientada aos equipos docentes galegos que queiran traballar dunha maneira lúdica e alternativa algunhas das súas obras; como tamén unha outra de carácter máis formal e científico e un texto literario que relé a obra máis sonada da autora. Deste xeito, deixamos constancia do necesario fío condutor que existe entre literatura e docencia, ao tempo que constatamos a utilidade política e transformadora da palabra de Reimóndez. O presente volume, en resumo, non é un monográfico ao uso, porque queriamos facer deste libro o trasunto do mundo que Reimóndez nos agasalla nos seus libros: un mundo plural, diverso e feminista. Autoras dos artigos: Alba Cid, Antía Marante Arias, Charo Lopez Sanches, Eli Ríos, Fernanda González Briones, Lara Dopazo Ruibal, María Boguszewicz, María Rosendo, María Vilariño Suárez, Mariña Fernández Reino, Mercedes Queixas Zas, Natàlia Oriol Fuguet, Neil Anderson, Patricia Mateo, Rosalía Fernández Rial, Sabela Pena García, Xoán López Viñas.