Sinopse
Aínda está moi viva entre nós a memoria da guerra civil, e tamén a dos longos e crueis anos da postguerra; unha época gris e amarga, sobre todo para quen tiveron que ver como os seus ideais quedaban esmagados. Ese é o tempo rachado do que se nos fala neste emotivo libro. Visto a través dos ollos dunha nena nacida nunha familia dos vencidos.