?No recordo do que non ten memoria baixo forma de amor ningunhapénsote e pérdome no perfumeda flor de cera e de papel. Bebo o teu orballoe son as que fuches e por quen agardo e non sei quen es nin desde cando.(Schubert) Con este libro o autor emprende, e convídanos a facer con el,unha viaxe arredor da música, unha arte fráxil mais tamén poderosísima. Unha arte, asemade, indócilá representación. Velaí, por tanto, a obriga de convocar alusións: os instrumentos (sen esquecer o primeiro deles,a voz humana), as obras que teceron e tecen a banda sonora da humanidade (ese ronsel de loairas), mesmo as biografíasdos grandes compositores (un elenco ao servizo do milagre).