"O teu perfil na miña sombra" non e exactamente unha narración, tampouco un libro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o "ser muller": a maternidade. Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente decisivo, estivo infrarrepresentado, unha experiencia agochada dentro de corpos e voces silenciadas. A definición da maternidade vña desde outro lugar, marcada por arquetipos perversos que levaban cosidos moi dentro a idea do sacrificio e o seu reverso de culpa. A partir da marcha da filla, asistimos nestas páxinas ao relato dese tempo marcado pola síndrome do niño baleiro, o que dá pe a unha reflexión sobre o complexo mundo das relacións maternofiliais, sobre o que herdamos e o que só a nosa responsabilidade pertence, sobre a vivencia do corpo, sobre as sombras e mais o gozo. De fondo, a consciencia da tremenda ambivalencia dunha aventura que se debate entre o un e o diverso, entre a apropiación radical da outra e a asunción, tamen radical, da alteridade.