Nesta ocasión, o divertido texto do escritor e mestre de Educación Infantil José Carlos Román e mais as coloridas ilustracións de Leire Martín darán vida a unha historia que, a través dunha metáfora sobre os poderes dos superheroes, nos mostrarán todos os segredos que deben coñecer os nenos e nenas para se poderen converter nuns auténticos superheroes no cole. Xogando coa dualidade entre texto e imaxe, os pequenos aprenderán as principais normas que deben cumprir os superheroes no cole: traballar sempre en equipo, axudar os demais, loitar contra as inxustizas ou dicir sempre a verdade, entre outras moitas...