A tita vive con Noa e a súa familia. Axuda na casa e apréndelle á nena cousas moi valiosas para a vida. Mais un día, o cuarto da tita aparece baleiro. Onde marchou? Por que ninguén lle conta nada a Noa?
Unha das obras máis famosas de Concha Blanco nunha nova edición ilustrada por Miguel Robledo.