Toñi Vicente. A Miña Cociña

Autor
TO¥I VICENTE
Editorial
Teofilo Edicions
ISBN
9788412246384
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
213
Formato
Rústica
Colección
Tapa Dura
20,00€

Durante anos Toñi encabezou a vangarda da cociña galega, acadando múltiples distincións entre as que destaca a estrela Michelín para o seu restaurante Síbaris de Vigo, a primeira outorgada a un restaurante en Galicia que anos despois revalidaría para o establecementoToñi Vicente de Santiago (a primeira que se concede a un restaurante de Compostela), e o Premio Nacional de Gastronomía en 1997, entre outros. É este libro a materialización dun soño de Toñi Vicente que cumpre, agora xa retirada, o desexo de transmitir o amor pola cociña en armonía ente a tradición e a vangarda. Revela Toñi na súa reflexión que debe todo aos seus pais, á curiosidade, ao esforzo, á lectura, á necesidade de gañar o pan e ao feito de terse comprometido firmemente co seu traballo. Un libro que recolle a súas receitas máis coñecidas que nos recordan outros tempos. Inesquecible a pegada que nos deixou a cociñeira sofisticada que xamais abandonou a nosa cociña tradicional. ECG