Todos os lonxes

Autor
Breogán Xague
Editorial
Chan Da Pólvora Editora
ISBN
9788412874112
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
83
Formato
Rústica
Colección
Poesía
19,00€

Todos os lonxes funciona como unha caste de diario dalguén con 21 anos que marcha ao estranxeiro. A partir dese arrinque, o autor –un artista que transita polos ámbitos da instalación, a museística ou o hip-hop– actualiza o concepto da emigración galega na economía global do século XXI e ofrécenos unha obra escintilante como o fulgor do xeo sobre o que camiña en Suecia. Xague comeza a escribir os poemas cando sabe que marchará a Suecia e coa sensación de que permanecerá alí varios anos. Mentres fala de marchar pero tamén de querer adaptarse, o libro vaise adentrando nos terreo do descoñecido e nós, as lectoras e os lectores, asistimos ao seu devir para entender –e integrar nunha biografía– a nova realidade que o acolle. As súas tentativas, os rodeos e as estratexias tecen unha riquísima superficie de reflexións e estímulos emocionais que converten a lectura de Todos os lonxes nun dos debuts máis brillantes da poesía galega última.