Premio Xerais 2012. Tonas de lanraxa constrúe un espazo imaxinario e marabilloso e narra o que acontece nese espazo, chamado Moreira, no que se van tecendo as vidas, por veces insólitas, de moitos personaxes curiosos, fabulosos, entrañables, que se acomodan entre os lectores e lectoras e estimulan os nosos sentidos para crear unha atmósfera intemporal, sutil e poderosa ao tempo.
Segundo os membros do xurado, Tonas de laranxa é «un acto de amor á lingua, arrecendente, profundo, vivo, diverso e capaz de espertar a fame do lector ou lectora».