Toponimia Da Pontenova

Autor
XULIA MARQUES VALEA
Editorial
Real Academia Galega
ISBN
9788417807108
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
211
Formato
Rústica
Colección
Rustica
18,00€

O concello lucense da Pontenova pertence á comarca da Mariña Oriental. Está constituído na actualidade por once parroquias: Bogo, Conforto, A Pontenova, Rececende, Santo Estevo de Rececende, Vilaboa, Vilameá, Vilarmide, Viloudriz, Vilouruz e Xudán. O concello da Pontenova é resultado dun proceso histórico que acada, ben avanzado o século XX, a súa configuración e denominación actuais. A principios do século XIX, o termo municipal estaba dividido en tres concellos, Conforto, Miranda e Vilameá. No proceso de configuración do territorio do actual concello da Pontenova hai que referirse obrigatoriamente a Miranda, á xurisdición e terra de Miranda, topónimo ao que Edelmiro Bascuas lle atribúe un valor orixinariamente hidronímico (< raíz ir-, *er ‘moverse’), radical que compartiría con outros nomes de ríos e lugares como Mera, Mira e Mirós. Xulia Marqués Valea, doutora especialista en toponimia con ampla experiencia en estudos etimolóxicos e recollida de campo e didáctica da onomástica, é a autora do número 7 da colección Terra Nomeada, correspondente á Toponimia da Pontenova. Da súa man, e nesta mesma colección, contamos coa Toponimia de Trabada.