Sinopse
A guerra. As guerras. O fragor das mil batallas absurdas a latexar nos ollos dun neno que non entende nada, dun vello que ve esgazada a súa vida, dun soldado que non sabe por qué está a loitar. Da incoherencia suma que nace da violencia, do horror e tamén da amargura están enchoupados os fíos cos que se teceu este libro que, a pesar de todo, é un canto aberto e lírico a prol da esperanza nun mundo que sempre terá que ser mellor.