Dentro de cen anos. A Terra vive momentos convulsos desde hai tempo, habitada por seres con poderes especiais e sen escrúpulos que loitan por controlar o planeta. Os TREBELLOS CA, RU e XEM, única UNIDADE DA GARDA TERRÁQUEA supervivente da GUERRA INFINITA, son o último reduto de esperanza do noso mundo. *** Con esta sinopse Pere Tobaruela inicia “Lume no ceo”, a primeira entrega de “Trebellos”, unha serie protagonizada por robots cunhas características moi peculiares que vivirán aventuras terrestres e interestelares para garantir a supervivencia do noso planeta, danado pola acción humana ata estremos perigosos. O ilustrador Víctor Boullón dá vida a estes seres robóticos, creados para defender o noso mundo contra outras máquinas que queren impor o seu dominio na Terra, levándoa case ata a aniquilación. A serie “Trebellos” é unha aventura literaria que serve para gozar da lectura, pero tamén para poñer enriba da mesa o cada vez máis incerto futuro do noso planeta.