Sinopse
Esta entrañable e sincera recompilación de lembrazas permítenos ir coñecendo como é e como foi a vida de Branca, unha rapaza de trece anos. A súa infancia, a súa forma de vivir, os problemas dos seus pais, a escola, o primeiro amor... son escenas que se van debullando gracias ó efecto evocador dunha serie de fotografías.