Paco Martín ofrece neste libro unhas narracións nas que a irrupción do estraño e o arrepiante en situacións aparentemente ordinarias impón a súa lei. Unha crecente sensación de ameaza, a intelixente disposición dos feitos e unha poderosa imaxinación presiden o desenvolvemento destes contos de medo que o acreditan como un dos mellores narradores galegos de hoxe