Sinopse
Coma quen arrocha medas
con verdes vimbios tecidos,
asía apreixo, se te arredas,
o vacío dos teus espidos;
e inda a zoarme ledas
túas verbas nos ouvidos,
vou buscando antre os sentidos
as sensacións máis inquedas.
Fago enton realidade
túa abraiante beleza
e dende os pés á cabeza
percorro na soidade
o teu corpo de realeza
feito en min eternidade.