Os tres mosqueteiros é, sobre todo, unha novela de acción e aventuras protagonizadas polos sonados Athos, Porthos, Aramis e D´Artagnan, unha novela de gran popularidade, levada ó cine en diversas ocasións. En Os tres mosqueteiros, o entusiasmo e a enerxía dos personaxes crean unha obra que non lle concede tregua ó lector. O seu autor, Alexandre Dumas, de prodixiosa intilixencia e capacidade creativa, posuía unha asombrosa capacidade para a creación de personaxes.