Sinopse Nunha longa agonía que durará un mes enteiro, o último agosto do século XX, un home que combateu pola liberdade do seu país conta a súa vida entre a lucidez da febre e as alucinacións provocadas pola morfina. Unha vida que reflicte o século que viviu e que agora está a abandonar. E escribe. Antonio Tabucchi, un dos narradores italianos de maior prestixio, mergulla o lector nunha novela de singular orixinalidade na que se interroga sobre a vida e a posibilidade de contala.