Sinopse
Tute para catro é un libro de relatos que, cunha forza inusitada e unha clara vontade de facerlle pasar un bo rato ó lector, parte das vidas sinxelas dos personaxes e a partir delas conquista pequenos cumes que logo deveñen en fazañas personais ou entran a formar parte do repertorio de mitos dunha comunidade, por cativa que sexa. E a comunidade da que Tute para catro nos fala é esa pequena vila ou esa aldea galega que sobrevive por extensión da cidade, cunha vida presidida pola decadencia, o fastío e a frustación.