Un Agasallo Diferente

Autor
Marta Azcona
Editorial
Kalandraka Editora
ISBN
9788484645276
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
23
Formato
Rústica
Colección
Demademora
14,00€

O día do seu aniversario, Marcel invitou a Tristán a merendar na súa casa. -iFelicidades! -dixo Tristán ao ver seu amigo, e deulle un pequeno paquete... Tristán obsequia o seu amigo Marcel cun anaco de tea sobrante dunhas cortinas. Marcel houbera preferido unha buxaina, pero finalmente acaba agradecendo ese agasallo. Porque logo dun paseo, ámbolos dous danse conta da cantidade de utilidades que pode ter un simple pano: límpanse se se lixan, protéxense do sol se quenta forte, poden atravesar un río que atopan polo camiño, abrigarse cando sopra un vento xeado e escapar dunha pantasma que os quere asustar cando anoitece. Cada agasallo agocha, baixo o papel acharolado e mailo lazo de seda, unha decepción. A miudo sentímonos decepcionados porque agardamos outra cousa. Porque non se esforzaron abondo en seguir o rastro dos nosos desexos. Marcel non se sinte decepcionado pala humildade do agasallo, porque o seu amigo e mail el pertencen a un mundo no que se valoran os obxectos máis insignificantes.