Despois de“Un dous tres, que ves?”e“Un dous tres, vampiro ti es”Nadia Budde preséntanos unha nova proposta repleta de situacións disparatadas, xogosde palabras e rimas delirantes. Nesta ocasión, son os personaxes e obxectos asociados ao Nadalen diferentes culturas os protagonistas dos seus versos encadeados e cheos de ritmo: abetos, renos,elfos, bonecos de mazapán, Quebranoces, Papá Noel, os Reis Magos...Un álbum de singular formato que nos proporcionará diversión e aprendizaxe. Unha proposta para“cantar e contar”que axudará a desenvolver a imaxinación e a capacidade de comunicarse para prelectorese primeiros lectores.