Sinopse
Este Epistolario reproduce unha selección das cartas que, durante unha longa secuencia cronolóxica, Ramón Piñeiro destinou a Francisco Fernández del Riego, amigo e compañeiro nas tarefas de reconstrucción política e cultural de Galicia. As cartas abranguen un período que vai dende 1948, cando Piñeiro aínda estaba na cadea por causas das súas actividades galeguistas, ata 1970. Nelas, dunha maneira sucinta pero detalllada, van aparecendo moitos dos proxectos, teimas, persoas, libros e ideas que nutriron, dende o cerne constituído por Galaxia, a difícil supervivencia e consolidación da cultura galega durante o franquismo.