O mundo de Terramar réxese por un principio fundamental: o equilibrio entre a vida e a morte. A maxia é un elemento indispensábel, como descubrirá Ged ao ingresar na escola de feiticeiros para aprender as súas regras. Testán o inxenuo, o mozo libera unha terríbel criatura de sombra. Para recuperar o equilibrio, deberase enfrontar a ela e destruíla. A súa misión conducirao ao recuncho más afastado de Terramar, unha bisbarra de temíbeis dragóns, magjos envexosos, escuridade e luz, onde atopará o seu destino.