Un Gran Soño

Autor
Felipe Ugalde
Editorial
Kalandraka Editora
ISBN
9788484646556
Idioma
Gallego
Nº de páginas
32
Formato
Cartoné
Colección
Tapa Dura
15,00€

Sinopse Era un pequecho con grandes soños, ansioso por medrar, por ser grande, por ser alguén que non pasase... inadvertido. O álbum ilustrado gañador do II Premio Internacional Compostela é un microrrelato de gran valor literario, que transporta o lector ao fascinante mundo da mitoloxía maia e da astronomía. O mexicano Felipe Ugalde cántanos a historia dun crocodilo que aspira a trascender, a través do tempo e do espazo, máis aló mesuro da súa propia existencia no mundo. A súa figura é a metáfora da especie humana e dos seus individuos, no seu afán por medrar e deixar unha fonda pegada do seu paso pola vida. Como o crocodilo, teñen a convicción de estaren destinados a algo importante -aínda sen saber que, nin como logralo- e nese camiño devórano todo ao seu redor. Os astrónomos maias representaban a Vía Láctea como unha serpe; unha visión que evolucionou ata a imaxe dunha canoa con forma de crocodilo. Vinculado á constelación de Orión, este animal simbolizaba a conexión entre o mundo e o ceo, os homes e os deuses. Outra faceta destacada da Vía Láctea é o seu vínculo ao Camiño de Santiago, como guía dos peregrinos na súa ruta cara a Compostela.