En tanto que os seus brincaban no bosque e aprendían a ser lobos, o pequeño lobeto sempre ficaba na cova. Encantáballe escoitar os contos que lle contaba a súa nai. Era una grande inventora de historias! Os seus irmáns pensaban que esas historias eran unha perda de tempo, até que un día o lobiño lles deu unha boa lección.