Sinopse A obra narrativa de Franz Kafka é unha das fundamentais da literatura do século XX. Seguindo unha ordenación cronolóxica, ''Un médico de aldea'' recolle as narración que escribiu ata 1917, ano no que cae enfermo de tuberculose. O seu universo narrativo é froito dun traballo minucioso e fascinante, do que nace unha escritura subxugadora. A ollada de Kafka sorpréndenos ao reparar en aspectos inusitados da existencia. O paradoxal e a presenza dun humor case imperceptible érguense contra toda posibilidade de interpretación. Eis unha obra literaria inclasificable e, ao tempo, esencial.