Sinopse Un millón de vacas reedítase, agora que as vacas entoleceron, nunha edición aumentada cun novo e fermoso relato do autor, "Madonna". Este é un dos máis divertidos e interesantes libros de relatos que saíron na nosa lingua. Relatos breves, concisos, cheos de humor e ironía, punxintes, con remates "lóxicos", máxicos e extraordinarios. Esta é a Galicia cotiá, descrita con sensibilidade e cunha explosión de humor que nace dos constrates e da espontaneidade.