Un Robot Pequeno

Autor
Francisco Martín Iglesias
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788475075655
Idioma
Gallego
Nº de páginas
56
Formato
Rústica
Colección
Merlin
6,75€

Este libro está formado por dúas historias que desenvolven dúas aventuras dun mesmo personaxe. Trátase dun robot programado para comunicarse só con persoas menores de once anos, fóra de Fermín e Sabela, os seus creadores.A primeira das historias, "Unha nena e mais un robot", conta a aventura de María, unha nena pequena que un domingo pola mañá, ó saír á rúa, bate co robot nas escaleiras da porta da súa casa. O robot declara estar perdido e pídelle axuda á nena.A segunda historia, "A viaxe do pequeno robot", sitúanos ó robot nunha estación do tren. Á mesma chega Brais, acompañado da súa avoa. Brais e o robot inician unha nova amizade e fan xuntos a viaxe no tren.