Unha caixa misteriosa

Autor
Jordi Gastó
Editorial
Kalandraka Editora
ISBN
9788413433516
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
22
Formato
Cartoné
Dimensiones
175 x 220 cm
12,00€

Un novo acartonado con texto rimado ideal para compartir e iniciarse no camiño da lectura. Unha caixa misteriosa aparece no xardín, que haberá dentro? A imaxinación de Ana dispárase e ao lombo da caixa percorre o mundo da fantasía, dende os lugares máis próximos e familiares aos máis afastados e extraordinarios. Visita unha bruxa, viaxa ata unha illa misteriosa, percorre grandes ríos conxelados, adéntrase en mestos bosques onde viven uns trasnos... Cando finalmente abre a caixa, unha sorpresa aínda máis grande que a que esperaba agarda por ela. Regresan as divertidas rimas de Jordi Gastó e as expresivas ilustracións de Christian Inaraja nun novo álbum acartonado para prelectores ideal para compartir e tamén para iniciarse no camiño da lectura.
novedades (149)