Tradutora: María Cristina González Piñeiro
Unha case eternidade (finalista do premio Napoli 2006) é unha lúcida e fermosa reflexión sobre o paso do tempo dende unha perspectiva feminina. Cun discurso profundo e íntimo, baseado na experiencia persoal da protagonista, a obra reflexiona sobre a perda da xuventude dos corpos e sobre a diferente vivencia que homes e mulleres temos dese inevitable declinar. Ao final, queda a defensa das engurras como testemuña do vivido.