Unha Cervexa Chang

Autor
Manuel Portas Fernández
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788491518433
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
213
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
18,95€

Ás veces, cando temos problemas que non sabemos como resolver, cómpre afastarse da realidade e contemplala a distancia.

Para que non nos acabe por engulir. Iso é, nin máis nin menos, o que lle acontece a Daniel, o protagonista desta novela. En plena crise persoal e económica, acentuada por un escuro asunto fraudulento do que foi vítima, decide aproveitar as vacacións de Nadal para descansar lonxe, nunha praia paradisíaca de Tailandia. Só para iso, para que as ameazadoras circunstancias que o abafan, un matrimonio fracasado, un negocio de antigüidades en decadencia, unha familia que lle reclama responsabilidades desmedidas e unha ansia de liberdade que xa parece ilusión va, queden un tempo á marxe e deixen albiscar un horizonte novo.

Mais, cando xa está a piques de volver para a casa, aos serios problemas do negocio familiar e á súa contraditoria vida sentimental súmaselle un acontecemento inesperado que vai complicar aínda máis a súa maltreita existencia.

Con Unha cervexa Chang, Manuel Portas explora mares narrativos que nunca antes navegara, introducíndonos no mundo da investigación pseudodetectivesca, no do comercio ilegal dos tesouros perdidos, nunha trama en que nada é o que a priori pode parecer.