Unha Cunca De Caldo Quente

Autor
Xosé Lois García
Editorial
Edicións Fervenza
ISBN
9788418136849
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
68
Formato
Rústica
Colección
A Pinguela
15,00€

Unha cunca de caldo quente é o nome que recibe esta obra de teatro que se pode interpretar literalmente, falando dunha literatura que privilexia as clases populares, imaxinando unha cunca de sopa na cociña de Maruxa xunto á sua acollida; ou ben se pode interpretar metaforaicamente, Unha cunca de caldo quente nas nosas vidas, pasando polos nervios, buscando nos nosos sentimentos e espertando en todos e todas a sensibilidade para entender que as debilidades humanas poden estar directamente relacionadas coa formación a idades temperás, porque hai un forte desaxuste dos máis pobres no acceso ás necesidades básicas, nun contexto cun pai alcohólico, unha nai ou unha filla violada, un prato baleiro, unha explotación do traballador, un neno sen escola, unha familia sen traballo, analfabeta e sen dignidade e que todo iso é o motivo das desigualdades sociais que cada vez se acentúan máis dentro dos países, sobre todo dos máis pobres.