PREMIO "O FACHO DE TEATRO INFANTIL 2019" É un fermoso conto contado por unha boneca que conta o que nunca se contou. Fala desas guerras invisibles, desas persoas que están refuxiadas e das que ninguén quere saber. É unha historia de tenrura e de valentía. De luz no medio da escuridade. Unha boneca inesquecible nunha historia inesquecible.