UNHA HISTORIA MÍNIMA DO PARTIDO SOCIALISTA GALEGO

Autor
MILLÁN FERNÁNDEZ LÓPEZ
Editorial
EM SELECTA COMPANHA
ISBN
9791399135992
Idioma
Gallego
Publicado
2026
Nº de páginas
189
Formato
Rústica
Colección
Em Selecta
Peso
310 gr
Dimensiones
140 x 230 x 11 cm
20,00€

Con limiar de Xosé Manuel Beiras Unha viaxe ás orixes do socialismo democrático no nacionalismo galego e ás súas contradicións de clase e nación: Entre a clandestinidade antifranquista e as primeiras eleccións autonómicas naceu e foi evolucionando unha das experiencias políticas máis singulares e influentes da Galiza contemporánea: o Partido Socialista Galego (PSG). Esta obra, froito dunha investigación transdisciplinar minuciosa e de compilación de materiais, percorre a súa traxectoria desde a xénese e a fundación en 1963 ate a década dos 80s do século XX. Millán Fernández reúne fontes e percorre as alianzas e debates internos dun partido e/ou sucesión de formacións políticas que serviron de ponte entre o galeguismo histórico republicano e o novo nacionalismo marxista radical. Cunha mestura de análise política e relato histórico, e a través de documentos inéditos ou pouco divulgados, testemuñas directas e un sólido marco teórico, este libro resulta nunha reflexión sobre a posibilidade —ou imposibilidade— de construír un socialismo propiamente galego nun tempo de transicións, incertezas e esperanzas. Unha lectura imprescindible para comprender mellor as raíces do presente e algúns dilemas abertos na historia da esquerda e do nacionalismo galego contemporáneo.