Unha Mada De Doce Relatos

Autor
Henrique Dacosta
Editorial
Editorial Laiovento
ISBN
9788484871460
Idioma
Gallego
Nº de páginas
77
Formato
Rústica
10,00€

Sinopse Doce relatos, doce, entrecruzados polo sutil fío condutor dun autor con oficio no xénero. Doce relatos, distintos entre si, mais cun trasfondo inconfundíbel, labrados co esmero do lirismo, e trazados por unha singular querenza descritiva. Doce relatos cuxa matriz enraiza no realismo para se encamiñar por variadas sendas, aínda que converxentes, e aderezados cun eficiente profundamento psicolóxico, e dosificación na intriga. Realismo tráxico acaroado ao traxicómico, mais tamén o de xénese social, e o máis costumista, episódico ou anecdótico, pois todos eles veñen asomar ás páxinas do libro gañador do "XVI Certame literario Ricardo Carvalho Calero" de 2007 convocado polo Concello de Ferrol. Haberemos de rir e sorrir con eles; e as bágoas pugnarán á hora de querer abrollar en acalorado desafío á indignidade dos tempos de ferro; e no noso ánimo unha feliz saudade desexará callar noutras ocasións, cos retratos dunha infancia evocada pola memoria; e xunto deles os incomprensíbeis e covardes asañamentos contra os máis débiles en reclamo de xustiza. Achámonos, en definitiva, perante doce narracións breves cargadas dunha enorme emotividade, e que, sobre todo, non nos haberán de deixar indiferentes. Doce narracións, doce, que afianzan xa, e cunha grande solidez, ao seu autor entre os máis destacados no xénero, de tanta tradición e rendemento dentro da nosa literatura