Crocodilo e Xirafa namoráronse, construiron unha casa para os dous e emprenderon unha vida en común, que lamentablemente topou coaincomprensión dos seus respectivos semellantes. Senllas visitas ao Barrio Crocodileiro e ao Barrio Xirafero deixáronlles unha desagradableimpresión de como os demais valoraban a súa relación. Esta peculiar e entrañable parella padecía as miradas, as burlas e os murmurios dosseus conveciños, grandes e pequenos. E malia todo, sen importarlles as críticas alleas, os protagonistas non opensaron dúas veces cando un repentino percance puxo en perigo a unha familia. A altura de Xirafa e a habilidade de Crocodilo salvaronvidas e demostraron que a cooperación e a solidariedade son os alicerces da boa convivencia, por riba de calquera diferenza.