Sinopse Unha viaxe á Lúa (1827) reúne a sátira, a novela sentimental, a reflexión moral, a análise económica pero sobre todo é a primeira novela de ciencia ficción publicada nos Estados Unidos. En moitos aspectos, esta novela lembrara ás Viaxes de Gulliver, e os distintos pobos e costumes selenitas recordan os costumes dos pobos que Gulliver atopara nas súas viaxes. Pero o mundo de Tucker é xa un mundo de invencións, onde é concibible unha máquina que sexa capaz de voar e chegue á Lúa. De feito, unha das cousas máis sorprendentes desta novela é o interesado que estaba Tucker nos avances científicos do seu tempo (e fai continuas referencias a eles), e a exactitude e precisión coa que respalda os seus argumentos científicos ou paródicos. Así se explica que formule nesta novela a teoría do big splash, ou a formación da Lúa a partir da Terra (sólida nos nosos tempos), ou que faga unha interesante contribución á prehistoria da Teoría de xogos