Unha Voz, Moitas Voces

Autor
María Reimóndez
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788491219903
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
176
Formato
Rústica
Colección
Rustica
18,30€

Como tradutora, Xela Arias é unha voz e moitas voces. Non só porque usase a súa escrita para facer falar a outras, senón porque do seu traballo tradutor tamén se desprende unha ampla polifonía. Neste sentido, a súa obra dá testemuño do longo camiño que percorremos colectivamente no pensamento e na práctica da tradución en Galicia. Estudar a obra de Arias de xeito atento, diverso en enfoques e como un opus completo é importante para coñecela a ela, mais tamén para entender esa evolución, sen asumir saltos nin beatificacións. Xerais, en colaboración co equipo da revista Viceversa, non podía deixar de prestar atención a unha faceta tan relevante da figura de Xela Arias.