Sinopse Nun divertido xogo narrativo, as dintintas voces que describen este desbordante universo conseguen encadearnos ao fío argumental da novela. Un aparello estraño, unha bóla sucia e unha caixa constituirán o legado informativo que permitirá a Irimadeona e Samoa de Lulia coñecer a vida de Asor. Facendo uso da “técnica do manuscrito encontrado”, nesta historia de futuros alternativos e delirantes, a información chegará ás mans de ambos os dous narradores por medio do pizarrador. Con só premer un botón, o universo de Asor aparecerá ante os seus ollos aventurados