Universidade E Construción Da Sociedade CIVIL En G

Autor
Miguel Anxo Santos Rego María Del Mar Lorenzo Moledo
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788497824880
Idioma
Gallego
Nº de páginas
352
Formato
Rústica
Colección
Universidad
25,25€

Sinopse No mundo actual as universidade convertéronse en institucións prestas a colaborar no espertar da conciencia social activa por parte do alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos. Isto supón un enorme potencial en canto á disposición de recursos humanos cun grao de preparación alto para deseñar e levar adiante unha ampla gama de proxectos, dentro e fóra dos campus, e mesmo dos países. Neste sentido, a estrutura universitaria pode facilitar a canalización de ideas e iniciativas, permi-tindo a transferencia de coñecementos que recomenda a mellora continuada da sociedade civil a estas alturas da historia. Universidade e construción da sociedade civil, obra preparada por Miguel Anxo Santos Rego e Mar Lorenzo Moledo, catedrático e profesora, respectivamente, da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, dá conta da relación entre voluntariado, aprendizaxe cívica e competencias transversais nas universidades de Galicia, trazando perspectivas de mellora acordes co desenvolvemento do país e da necesaria proxección dos seus recursos humanos nunha conxuntura de internacionalización. O volume está presentado por Anxo Quintana González, vicepresidente da Xunta de Galicia, institución que apoiou a súa edición dende a Secretaría Xeral da Xuventude e Solidariedade