O autor de historieas e animador audiovisual Martín Romero volve cun novo cómic infantil. Trátase das novas aventuras de Uxío, ese neno imaxinativo e soñador que se deu a coñecer coa publicación do cómic homónimo Uxío (Astiberri, 2020). Neste novo álbum, que se pode ler de forma independente ao primeiro, non é a de Uxío a única voz que se escoita. Tamén escoitamos a Ana, a súa mellor amiga, quen se fixo un oco ao seu carón na portada, a Rosenda ou a Álex, uns amigos que conforman o seu universo actual, cada vez máis aberto.