O primeiro poemario de Anxo Angueira, «Val de Ramirás» (1989), unha obra moi vinculada á Terra de Celanova, volver a ver a luz grazas a unha nova edición enriquecida. O libro atopábase esgotado, explica o editor desta segunda edición, Xoán Carlos Domínguez Alberte, quen escribiu a introdución; a edición incorpora un apéndice con tres poemas máis de Anxo Angueira, que se publicaron posteriormente en senllos libriños relacionados con Celanova, e fotografías realizadas por Baldo Ramos na zona de Ramirás, onde viviu o autor cando tivo o seu primeiro destino como profesor no instituto Celso Emilio Ferreiro de Celanova. A segunda edición, que sae cunha tirada de 250 exemplares, xa se atopa a venda.