Valados

Autor:
Agustín Fernández Paz/Tapa Dura
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788499140490
Idioma
Publicado
2019
Nº de páginas
72
Formato
Cartoné
10,95€

Sinopse Helena e Xoel son amigos inseparables, non hai horas que lles cheguen para estaren xuntos. Na súa vila comezan a suceder feitos que os desacougan; semella que un vento estraño varreu a alegría das rúas e deixou no seu lugar odio, xenreira e medo. Axiña se erguen altos valados para separar e illar unhas persoas doutras. Valados visibles, e tamén invisibles, que afastan a Xoel e a Helena. Os dous terán que idear mil e unha artimañas para manter viva a intensa amizade que os une. Valados, conto de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Xan López Domínguez, é un libro chamado a converterse nunha das achegas máis importantes realizadas pola literatura infantil galega até a actualidade. Un libro sobre a amizade por riba de todas fronteiras. Un libro sobre a fraternidade por riba de muros e valados. Un libro sobre a igualdade e liberdade como dereitos primeiros de todos os seres humanos.