Dúas historias, dúas viaxes nas que o surrealismo e a fantasía se confunden. Un antiheroe na procura dun alter ego, unha parte de si mesmo que deberá asesinar. Os superheroes masculinos que todos e todas coñecemos, mostrando o seu lado decadente nunha viaxe que romperá con todos os estereotipos establecidos.